Saltar ao contido

Pedroso, Narón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedroso
Igrexa de San Salvador de Pedroso
ConcelloNarón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°32′06″N 8°06′39″O / 43.53500097, -8.11084826
Área9,8 km²
Poboación701 hab. (2018)
Densidade71,53 hab./km²
Entidades de poboación28[1]
editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Pedroso é unha parroquia rural que se localiza no leste do concello de Narón, na provincia da Coruña, cunha superficie de 9,8 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 701 habitantes (355 mulleres e 346 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 2007 cando tiña 795 habitantes. A súa densidade poboación é de 75,2 hab./km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte coa parroquia de Sedes e o concello de San Sadurniño, ao sur co concello de Neda e a parroquia de Doso, ao leste co concello de San Sadurniño, e ao oeste coa parroquia de Sedes e o concello de Neda.

Os textos das imaxes son unha copia xa que o documento orixinal non se conserva, foi feita polo notario Pedro Lastra en 1543. É sobre a historia de Pedroso porque Dona Munia, irmá do conde de Galicia no ano 1111, mandou levantar o mosteiro de Pedroso e dótao de moitas das súas pertenzas: terras, propiedades etc. Estes foron doados a Don Diego Xelmírez porque Dona Munia morre viúva.

Coa Constitución española de 1812, Pedroso foi recoñecido como concello en 1813, formado daquela polas parroquias de Pedroso, Doso e Santa Mariña do Monte (hoxe no concello de San Sadurniño), con 1.388 habitantes.

A parroquia de Pedroso posúe zonas húmidas de especial interese pola fraxilidade do seu equilibrío e a consguinte necesidade da súa conservación como son os do Chao. Estas terras molladas, e no inverno anegadas, son fonte dunha rica biodiversidade entre a que destaca o liño algodoso, especie en extinción na península e que podemos observar preto deste lugar.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de San Salvador celebra as festas patronais o 5 de agosto.

A capela da Virxe do O está situada no medio do val de Pedroso. O segundo domingo de maio celébrase a romaría. Tradicionalmente celebrábase para pedirlle á Virxe boas colleitas. Consérvase a procesión arredor da igrexa na misa matutina, e a imaxe é levada ata a fonte das Areas (ou San Salvador).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Pedroso

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Pedroso no concello de Narón

Bazón | Os Bidueiros | O Carballo | O Castro da Ermida | O Castro | O Catasol | As Congostras | A Corredoira | A Costeira | O Cotelo | Faxín | A Gándara | Os Loureiros | Meizoso | O Mosteiro | Mugardos | Os Novás | Painzás | A Pallota | A Pedra | A Pereiruga | Piñeiros | O Pozo | Pradelo | A Revolta | O Río do Couto | A Vacariza

Parroquias de Narón

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Narón

Castro (Santa María) | Doso (San Lourenzo) | Narón | Pedroso (San Salvador) | San Xiao de Narón (San Xiao) | Sedes (Santo Estevo) | Trasancos (San Mateo) | O Val (Santa María a Maior)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]